Asociación Revista Soberanía Alimentaria

   

Para facer posible a publicación e as nosas actividades, estamos constituídas como asociación de segundo grao; é dicir, somos a suma de entidades e persoas individuais que, xuntas e organizadas, adoptan o propósito de manter vivo un instrumento para a reflexión e o debate arredor do ruralismo, a soberanía alimentaria e a transformación social.

Igual que a natureza, nós tamén gustamos da diversidade e entre nós atopamos sindicatos agrarios, ONG, cooperativas de consumo, organizacións culturais, movementos ecoloxistas ou colectivos académicos, entre outros. Mete cobiza, non si? Únete, cantas máis sexamos, máis rico e resiliente será o proxecto.

 

Que quere dicir asociarse?

 

Coma en calquera colectivo, como entidade ou persoa individual socia, temos o dereito e os deberes propios doutras membresías. Entre os principais están acceder á información e participar nos espazos da asemblea, onde se expoñen os retos de cada momento, se toman as decisións de funcionamento, se planifican estratexias e se orienta politicamente o labor diario.

ilustra marrabila

Un dos puntos máis importantes das asembleas anuais é debater e decidir que temas centrais sería conveniente tratar cada ano. Cada entidade socia, a partir do ámbito no que actúa e das súias sensibilidades, expón o seu punto de vista e xuntas debatemos e seleccionamos temas estratéxicos. Tamén afondamos nos enfoques, as persoas ou as organizacións clave das que obter análises e opinións, os posicionamentos, os puntos de conflito, etc. Abofé que a túa entidade ten algo que achegar e que aprender.

Por suposto, fóra da asemblea tamén podemos suxerir artigos, entrevistas e reportaxes, así como calquera idea que consideremos de interese. O equipo coordinador xestionaraa en colaboración co comité editorial.

Ademais, como colectivos asociados, podemos acordar o número de exemplares que queremos recibir en función do uso que lles vaiamos dar. Algunhas de nós repartímolos entre as nosas propias socias ou usuarias, algunhas pedimos exemplares adicionais porque o noso local é punto de venda e outras simplemente o temos como material de lectura colectivo.

En definitiva, as socias compoñemos a asociación que, entre outras cousas, elabora a revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Cultura. Esta publicación é nosa e podemos usala como mellor conveña ós nosos obxectivos, distribuíla entre a nosa xente, organizar debates ou sesións temáticas, etc.

 

Que aporta á nosa entidade facer parte de Soberanía Alimentaria?

    • Pode semellarse a adherirse a un manifesto. Trátase de dicir abertamente que estamos da parte da soberanía alimentaria e do significado político e disruptivo deste paradigma que nace da base, do campesiñado.
    • Significa ratificar o compromiso polas formas emancipadoras de habitar ligadas á terra, ao territorio e á comunidade.
    • É levar adiante o propósito da nosa entidade da man doutros colectivos e organizacións afíns, que este espazo nos permite coñecer.
    • Cooperar, aprender, establecer complicidades. Aquí atopamos o clima apropiado para todo iso.
 
ilustra marrabila

Como utilizar a revista?

Como instrumento ou colectivo movido polo ánimo de afondar no pensamento e na acción, unha vez temos a publicación entre mans, o máis importante é aproveitala ó máximo, dala a coñecer e xerar espazos de lectura e debate.

    • Organización de presentacións. Na biblioteca da vila, nunha sede social, nun restaurante amigo… Hai infinidade de espazos axeitados para congregar á xente dos arredores e presentar o número que nos interese. É sinxelo poder contar nestes actos con algunhas das autoras do número para contar cunha voz en primeira persoa ou mesmo con algunhas das persoas do equipo ou comité editorial.
    • Actividades periódicas. Moitas organizacións montamos faladoiros, cursos, clubs de lectura, xantares colectivos ou actos de celebración e xuntanza. Son espazos onde pode poñerse á venda a revista e mesmo podemos adquirir exemplares a prezo especial para agasallala ás persoas asistentes e dala a coñecer.
    • É importante que Soberanía Alimentaria estea dispoñible nas bibliotecas públicas. Podes contactar coa do teu barrio ou vila e xestionar que reciba exemplares de maneira regular? Tamén pode interesar en centros socioculturais, bares cooperativos, salas de agarda, etc. Alí, unha ou dúwas revistas poden pasar por moitas mans (e ollos). Podemos deixar algunha revista de mostra e ofrecerlles que se subscriban.
    • Redes territoriais. A revista tamén é un espazo e unha desculpa axeitada para xerar encontros entre organizacións afíns con miras a tecer redes e fortalecer o movemento en prol da soberanía alimentaria.
    • Festivais culturais. Se coñecedes ou organizades festivais, estes tamén son espazos excepcionais onde facerlle un oco a Soberanía Alimentaria. Neste tempo, coñecemos e colaboramos cunha gran cantidade de artistas e podemos pensar xuntas accións creativas sobre temáticas relacionadas coa soberanía alimentaria e o mundo rural.
    • E ben seguro que vos virán á cabeza moitas máis cousas.
 
ilustra marrabila

Ilustracións de Marrabila

Como axudar a sosternos?

O financiamento do proxecto é, loxicamente, unha das cuestións centrais e pasa por contar co máximo de complicidades. Niso as asociadas temos un papel clave, e é importante poñerlle agarimo e un pouco do noso xeito. A estratexia a ese respecto é sinxela: unha porcentaxe significativa do noso orzamento debería estar cuberto coas cotas das asociadas e das subscritoras, para sentirnos arroupadas e libres.

Algunhas ideas:

    • Unha cuestión principal sería que falemos da revista Soberanía Alimentaria a outras entidades e persoas para que se queiran sumar a este espazo como subscritoras ou socias.
    • Moitas organizacións preparamos e levamos adiante proxectos que inclúan actividades de sensibilización, formación ou educación. Aquí podemos atopar sinerxías, debido a que é o territorio onde a revista conta cunha longa traxectoria, contactos, ideas e experiencia, que ademais poden favorecer a aprobación dos proxectos. Cando esteades a pensar e orzar o proxecto… contactádenos!
    • Entre as nosas actividades, moitas están relacionadas con investigacións e estudos. Trátase dun traballo que complementa á revista tanto en contidos como en financiamento, xa que todos eles están cofinanciados por entidades públicas ou privadas. Isto permite profundar en temas de interese e axuda a soster a publicación da revista. Se a vosa organización ten algunha necesidade nestes eidos, pódese propor algún tipo de colaboración.
    • Tamén se aprecia moito que, como copropietarias e voceiras da revista, presentemos o seu labor ás administracións próximas e consigamos o seu apoio. Moitas delas dispoñen de convocatorias que poden contribuír á elaboración da publicación.
    • Á parte diso, convennos atopar puntos de venda, coma tendas de alimentos ecolóxicos, grupos de consumo, librarías... ou calquera espazo onde estas temáticas esperten interese.
    • E abofé que hai moitas máis fórmulas xenuínas do voso territorio e a súa poboación, no marco das propias actividades de voso, para conseguir fondos, novas subscricións e incorporacións.
 

Aquí poderás tramitar a cota e a súa periodicidade. Todo é poñerse!

ASÓCIATE    DESCARGA PDF

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia al navegar por la web.

Si continúas navegando, aceptas su uso. Saber más

Acepto
El sitio web de la revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas (www.soberaniaalimentaria.info) utiliza cookies para mejorar la experiencia de los usuarios, facilitando la navegación por nuestra web. Estamos haciendo todo lo posible por facilitar el uso de dichas cookies, así como su gestión y control al utilizar nuestros servicios.

¿Qué son las cookies?

Las cookies son pequeños archivos de texto que se almacenan en el dispositivo del usuario de Internet al visitar una página web. Es el operador del sitio web el que determina qué tipo de información contiene dicha cookie y cuál es su propósito, pudiendo además ser utilizada por el servidor web cada vez que visite dicha web. Se utilizan las cookies para ahorrar tiempo y hacer la experiencia de navegación web mucho más eficiente. No obstante, pueden ser usadas con varios propósitos diferentes que van desde recordar la información de inicio de sesión o lo que contiene un pedido de compra.

¿Cómo utiliza Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas las cookies?

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas tan solo utilizará las cookies que nos dejes utilizar. Tan solo leeremos o escribiremos cookies acerca de tus preferencias. Aquellas que hayan sido instaladas antes de modificar la configuración permanecerán en tu ordenador y podrás borrarlas haciendo uso de las opciones de configuración de tu navegador. Podrás encontrar más información al respecto más adelante.

1. Cookies propias

Se trata de cookies técnicas que recogen información sobre cómo utiliza el sitio web (por ejemplo, las páginas que visitas o si se produce algún error) y que también ayudan a Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas a la localización y solución de problemas del sitio web. Las cookies técnicas son imprescindibles y estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento de un portal web y la utilización de las diferentes opciones y servicios que ofrece. Por ejemplo, las que sirven para el mantenimiento de la sesión, la gestión del tiempo de respuesta, rendimiento o validación de opciones.

Toda la información recogida en las mismas es totalmente anónima y nos ayuda a entender cómo funciona nuestro sitio, realizando las mejoras oportunas para facilitar su navegación.

Dichas cookies permitirán:

  • Que navegues por el sitio.
  • Que www.soberaniaalimentaria.info recompile información sobre cómo utilizas la página web, para así entender la usabilidad del sitio, y ayudarnos a implementar las mejoras necesarias. Estas cookies no recogerán ninguna información sobre ti que pueda ser usada con fines publicitarios, o información acerca de tus preferencias (tales como sus datos de usuario) más allá de esa visita en particular.
Si tienes dudas o quieres hacernos alguna pregunta respecto de las cookies que utilizamos, puedes remitirnos tu consulta al correo electrónico info@soberaniaalimentaria.info

2. Cookies de terceros

Existe una serie de proveedores que establecen las cookies con el fin de proporcionar determinados servicios. Podrás utilizar las herramientas de estos para restringir el uso de estas cookies. La siguiente lista muestra las cookies que se establecen en la página web www.soberaniaalimentaria.info por parte de terceros, los fines para los que se utilizan y los enlaces a páginas web donde se puede encontrar más información sobre las cookies:

·       Cookies analíticas:

Las cookies de Google Analytics se utilizan con el fin de analizar y medir cómo los visitantes usan este sitio web. La información sirve para elaborar informes que permiten mejorar este sitio. Estas cookies recopilan información en forma anónima, incluyendo el número de visitantes al sitio, cómo han llegado al mismo y las páginas que visitó mientras navegaba en nuestro sitio web.

http://www.google.com/intl/es/policies/privacy        

·       Cookies técnicas:

AddThis es una empresa tecnológica que permite a los sitios web y a sus usuarios compartir fácilmente el contenido con los demás, a través de iconos de intercambio y de los destinos de bookmarking social. Las cookies AddThis se utilizan con el fin de habilitar el contenido para ser compartido. AddThis también se utiliza para recopilar información sobre cómo se comparte contenido del sitio web. Las cookies ayudan a identificar de forma única a un usuario (aunque no de forma personal, sino en cuanto a dirección) para no repetir tareas dentro de un periodo de tiempo especificado.

http://www.addthis.com/privacy

Disqus es un servicio gratuito que permite añadir comentarios a diferentes elementos de este sitio web. Disqus guarda en cookies tu identificación anterior en este sitio web o en otro para que no sea necesario iniciar sesión cada vez que utilices el mismo navegador.

https://help.disqus.com/customer/portal/articles/466259-privacy-policy

Cómo desactivar las cookies

Para cumplir con la legislación vigente, tenemos que pedir tu permiso para gestionar cookies. En el caso de seguir navegando por nuestro sitio web sin denegar su autorización implica que aceptas su uso.

Ten en cuenta que si rechazas o borras las cookies de navegación algunas características de las páginas no estarán operativas y cada vez que vayas a navegar por nuestra web tendremos que solicitarte de nuevo tu autorización para el uso de cookies.

Puedes modificar la configuración de tu acceso a la página web. Debes saber que es posible eliminar las cookies o impedir que se registre esta información en tu equipo en cualquier momento mediante la modificación de los parámetros de configuración de tu navegador:

Configuración de cookies de Internet Explorer

Configuración de cookies de Firefox

Configuración de cookies de Google Chrome

Configuración de cookies de Safari

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas no es titular ni patrocina los enlaces indicados anteriormente, por lo que no asume responsabilidad alguna sobre su contenido ni sobre su actualización.

El usuario puede revocar su consentimiento para el uso de cookies en su navegador a través de los siguientes enlaces:

Addthis: http://www.addthis.com/privacy/opt-out

Google Analytics: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=None

Google, Twitter, Facebook y Disqus: A través de los ajustes de cada navegador más arriba indicados para la desactivación o eliminación de cookies.