Charline Ducottet (Carlota)

53 PalabraCampo Sara Cazorla

Preparación do terreo para plantar a pataca (Salcedo, Pontevedra). Foto: Charline Ducottet

Unha periodista da Voz de Galicia resumiu a súa visita na nosa horta social en Salcedo, Pontevedra, dicindo, «la huerta que arranca las penas y la soledad en Pontevedra...». ¿De verdade, a nosa horta de verdade podería ter ese poder ? Como poden, uns xestos tan sinxelos traernos luz e aliviar a dureza da vida? Foi con esta pregunta na cabeza que seguín o meu camiño de monitora de horta en Pontevedra. Neste texto, vou compartir a miña perspectiva persoal, falando en primeira persoa sobre a miña relación co proxecto, coas persoas participantes, e coa terra que puiden escoitar.

 

 

Levo case 4 anos vivindo neste territorio, e despois de 2 anos e medio cultivando hortalizas no Morrazo, tiven a gran oportunidade de ser a monitora de horta da asociación Boa Vida. O meu rol é  guiar ás persoas para que aprendan a cultivar e a coidar das hortalizas, froiteiras e aromáticas con autonomía. É un papel moi bonito porque permite ver a evolución das participantes e acompañalas no seu proceso. Participan no proxecto persoas con necesidades sociais ou inmigrantes con poucos recursos.

Ser monitora da horta social

O meu proceso ata chegar a ser monitora de horta foi moi interesante porque primeiro, empecei como produtora de hortalizas. Xusto cando estaba no proceso de querer deixalo, tiven esta oportunidade de poder acompañar a persoas nunha horta social. Para mín, o traballo na horta require un gran compromiso político, sobre todo na sociedade actual, co gran problema de relevo xeracional que hai nos proxectos labregos e de abandono da terra no rural. É totalmente urxente que a nova xeración tome consciencia de isto e poida coller o sacho e poñerse a cultivar as súas terra. Creo que poder formar á xente que chega no territorio á importancia de cultivar a terra e de poder ter hortalizas de calidade e de proximidade é fundamental.

 
   Estaba tan soa e abandonada cando chegastes. Cunha casa en ruína como única compañía... Agardaba que sucedera algo. Que alegría saber que podo ser dalgunha utilidade. Necesito os vosos coidados para poder producir alimentos de tempada. Tedes que coidar a miña fertilidade para poder soster unha produción ... Non me esixides demasiado ou algo que non vos poida dar. Recollede os meus froitos que as miñas ramas pesan moito. Se vos entregades a min, devolvereivos o dobre.   
(Testemuño da terra)
 

O proxecto levase acabo pola asociación Boa Vida leva varios anos traballando no proxecto, “Vivir no rural”, no cal enmarcase a actividade de horta social en Salcedo (Pontevedra). Dúas persoas con perfiles complementarios coordinan o proxecto, unha monitora de horta e unha traballadora social para acompañar aos participantes da horta nas súas necesidades cotiás.

Os obxectivos dos proxectos son os seguintes:

    • Dar acceso á terra a persoas que non poderían ter acceso doutro xeito.
    • Dar acceso a unha comida saudable aos participantes da horta a través das hortalizas e das froitas que levan a casa.
    • Fomentar a soberanía alimentaria no territorio.
    • Ocupar e cultivar terras “abandonadas” no territorio.
    • Facer comunidade e tecer vínculos sociais entre os participantes.
    • Fomentar a axuda mutua, o benestar e apoderamento das persoas e o contacto coa natureza.
    • Fomentar hábitos de vida saudables nas participantes.

O día día na horta

Quedamos dúas veces á semana, empezando sempre por un “círculo de comenzo”, ou tamén chamado círculo de benvida, onde compartimos como nos sentimos e onde movemos o noso corpo para quentar un pouco. Cada persoa do círculo propón algún exercicio que facemos xuntas. Unha vez os nosos corpos listos para empezar, repartimos tarefas entre todas, en función do que hai que facer no propio día, abonar, plantar, quitar herbas, desbrozar, recoller, limpar o galpón... Temos un grupo WhatsApp onde comunicamos toda a información con respecto á horta cada semana. A veces organizamos obradoiros puntuais sobre a poda de froiteiras, a compostaxe, as sementes locais, a construción dun invernadoiro...

Cada 2 meses, organizamos un momento de cohesión cociñando xuntas algunha tortilla coas patacas e cebolas da horta. Tamén tecemos colaboracións coa veciñanza, asociación de veciños, taller mecánico den fronte, etc...


 
   A vosa presencia é moi positiva para o barrio... Estades aquí para lembrarnos a todas que é importante cultivar a terra de xeito comunitario. Estades aquí para darlle vida ao barrio, para dinamizarlle e sacar a xente das súas rutinas. Estades aquí para dar e recibir. Cando chegastes, tiña unha invasión de fento na miña pel pero pouco a pouco foise reducindo e entraron novas plantas, hortalizas, flores, plantas silvestres como a estruga, a estruga morta, ou a chantaxe ... Doulle a benvida á diversidade de persoas, plantas e experiencias que entrou na miña vida.   
(Testemuño da terra)
 

Este bonito proxecto ten puntos que mellorar e puntos positivos. Nos puntos que mellorar, ten unha falta de estabilidade porque se nos ceden a terra, non sabemos por canto tempo será. O ideal sería mercar unha terra para tela de xeito permanente.

Ademais, moita xente non queda o tempo suficiente no proxecto para poder aprender a cultivar por se mesma. Moitos participantes teñen que deixar o proxecto cando atopan traballo. Para mín, é unha limitación porque a horta precisa tempos bastante longos para poder aprender e cultivar con autonomía.

Nos puntos positivos, este proxecto depende moito das colaboracións que poidamos crear no barrio de Cabanas de Salcedo, especialmente da veciñanza. De feito tivemos moi boa acollida, e gracias a eles podemos cultivar nunha leira cedida de balde, usar un baño público da asociación veciñal, usar a auga do pozo da casa do lado, e a electricidade doutro veciño de xeito puntual. Tamén recibimos compost do concello de Pontevedra, e temos axuda de xente voluntaria para obradoiros puntuais, como de rego, ou de construción de invernadoiro... Estas situacións son boas para lembrar que sempre dependemos uns dos outros e de que non podemos funcionar sen solidariedade. 

Unha comunidade de aprendizaxe en constante evolución

Dende o principio do proxecto, levoume moitos aprendizaxes persoais. Por unha banda, a horta comunitaria dáme en continuo unha lección de humildade. Quedo moi impresionada ante a forza destas persoas recen chegadas con experiencias pasadas moi difíciles e que sempre están alegres, positivas, contentas, e con moita enerxía e ilusión. Faime relativizar os meus problemas e inquietudes ante a vida. Quero inspirarme desta xente brava e ter esta resiliencia e alegría.

Por outra banda, quedo impresionada ante a forza da natureza e dun espazo de horta para poder fomentar o benestar das persoas. Creo que manter este tipo de proxectos é moi importante cando podemos ver que en xeral as cidades medran cada vez máis e que as persoas pasan cada vez menos tempo ao aire libre. “Segundo un estudio do instituto RAND Europe, no Estado español e outros países de Europa como Francia, Alemaña ou Dinamarca, máis da metade das persoas entrevistadas pasa menos dunha hora ao día en contacto coa natureza ou recibindo luz natural[1]”.

Fomentar o movemento e estar ao aire libre, na natureza, facendo exercicio dúas veces á semana é un bo hábito saudable. A nosa horta esta a media hora camiñando dende a estación de autobús de Pontevedra. Se vir camiñando ata a horta, pode representar un reto par certas persoas, tamén é unha maneira de fomentar a saúde. De feito se algunhas, ao principio, non se vían capaces de realizar tanto traxecto camiñando, conseguírono pouco a pouco, e isto converteuse nunha fonte de orgullo para elas.

O proxecto evolucionou bastante dende o seu inicio. O primeiro ano (marzo 2024) arrancou cunha media de 4-5 persoas semanais. Puidemos plantar bastante e empezar a horta con patacas, xudías, pementos, tomates, berenxenas, acelga, cebolas, fresas...

Este ano 2025 arranca con máis forza cun grupo de 8-10 persoas. Temos que plantar máis para que cada unha poida levar algo de colleita para casa. Tamén, estamos montando un pequeno invernadoiro para poder plantar máis no inverno e facer algo de plántulas na primavera.

Síntome cada vez máis cómoda e alegre neste papel de monitora e noto unha implicación maior da xente este ano do cal síntome moi orgullosa. Vexo cada vez a horta máis bonita, e o espazo cada vez mellor coidado. Sinto este espazo como unha casa comunitaria...

Cada vez aprendemos máis e mellor xuntas e somos unha comunidade de aprendizaxe en constante evolución.

 
Charline Ducottet (Carlota)
Monitora da horta social de Boa Vida e dinamizado da secretaría das mulleres do Sindicato Labrego Galego

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia al navegar por la web.

Si continúas navegando, aceptas su uso. Saber más

Acepto
El sitio web de la revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas (www.soberaniaalimentaria.info) utiliza cookies para mejorar la experiencia de los usuarios, facilitando la navegación por nuestra web. Estamos haciendo todo lo posible por facilitar el uso de dichas cookies, así como su gestión y control al utilizar nuestros servicios.

¿Qué son las cookies?

Las cookies son pequeños archivos de texto que se almacenan en el dispositivo del usuario de Internet al visitar una página web. Es el operador del sitio web el que determina qué tipo de información contiene dicha cookie y cuál es su propósito, pudiendo además ser utilizada por el servidor web cada vez que visite dicha web. Se utilizan las cookies para ahorrar tiempo y hacer la experiencia de navegación web mucho más eficiente. No obstante, pueden ser usadas con varios propósitos diferentes que van desde recordar la información de inicio de sesión o lo que contiene un pedido de compra.

¿Cómo utiliza Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas las cookies?

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas tan solo utilizará las cookies que nos dejes utilizar. Tan solo leeremos o escribiremos cookies acerca de tus preferencias. Aquellas que hayan sido instaladas antes de modificar la configuración permanecerán en tu ordenador y podrás borrarlas haciendo uso de las opciones de configuración de tu navegador. Podrás encontrar más información al respecto más adelante.

1. Cookies propias

Se trata de cookies técnicas que recogen información sobre cómo utiliza el sitio web (por ejemplo, las páginas que visitas o si se produce algún error) y que también ayudan a Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas a la localización y solución de problemas del sitio web. Las cookies técnicas son imprescindibles y estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento de un portal web y la utilización de las diferentes opciones y servicios que ofrece. Por ejemplo, las que sirven para el mantenimiento de la sesión, la gestión del tiempo de respuesta, rendimiento o validación de opciones.

Toda la información recogida en las mismas es totalmente anónima y nos ayuda a entender cómo funciona nuestro sitio, realizando las mejoras oportunas para facilitar su navegación.

Dichas cookies permitirán:

  • Que navegues por el sitio.
  • Que www.soberaniaalimentaria.info recompile información sobre cómo utilizas la página web, para así entender la usabilidad del sitio, y ayudarnos a implementar las mejoras necesarias. Estas cookies no recogerán ninguna información sobre ti que pueda ser usada con fines publicitarios, o información acerca de tus preferencias (tales como sus datos de usuario) más allá de esa visita en particular.
Si tienes dudas o quieres hacernos alguna pregunta respecto de las cookies que utilizamos, puedes remitirnos tu consulta al correo electrónico info@soberaniaalimentaria.info

2. Cookies de terceros

Existe una serie de proveedores que establecen las cookies con el fin de proporcionar determinados servicios. Podrás utilizar las herramientas de estos para restringir el uso de estas cookies. La siguiente lista muestra las cookies que se establecen en la página web www.soberaniaalimentaria.info por parte de terceros, los fines para los que se utilizan y los enlaces a páginas web donde se puede encontrar más información sobre las cookies:

·       Cookies analíticas:

Las cookies de Google Analytics se utilizan con el fin de analizar y medir cómo los visitantes usan este sitio web. La información sirve para elaborar informes que permiten mejorar este sitio. Estas cookies recopilan información en forma anónima, incluyendo el número de visitantes al sitio, cómo han llegado al mismo y las páginas que visitó mientras navegaba en nuestro sitio web.

http://www.google.com/intl/es/policies/privacy        

·       Cookies técnicas:

AddThis es una empresa tecnológica que permite a los sitios web y a sus usuarios compartir fácilmente el contenido con los demás, a través de iconos de intercambio y de los destinos de bookmarking social. Las cookies AddThis se utilizan con el fin de habilitar el contenido para ser compartido. AddThis también se utiliza para recopilar información sobre cómo se comparte contenido del sitio web. Las cookies ayudan a identificar de forma única a un usuario (aunque no de forma personal, sino en cuanto a dirección) para no repetir tareas dentro de un periodo de tiempo especificado.

http://www.addthis.com/privacy

Disqus es un servicio gratuito que permite añadir comentarios a diferentes elementos de este sitio web. Disqus guarda en cookies tu identificación anterior en este sitio web o en otro para que no sea necesario iniciar sesión cada vez que utilices el mismo navegador.

https://help.disqus.com/customer/portal/articles/466259-privacy-policy

Cómo desactivar las cookies

Para cumplir con la legislación vigente, tenemos que pedir tu permiso para gestionar cookies. En el caso de seguir navegando por nuestro sitio web sin denegar su autorización implica que aceptas su uso.

Ten en cuenta que si rechazas o borras las cookies de navegación algunas características de las páginas no estarán operativas y cada vez que vayas a navegar por nuestra web tendremos que solicitarte de nuevo tu autorización para el uso de cookies.

Puedes modificar la configuración de tu acceso a la página web. Debes saber que es posible eliminar las cookies o impedir que se registre esta información en tu equipo en cualquier momento mediante la modificación de los parámetros de configuración de tu navegador:

Configuración de cookies de Internet Explorer

Configuración de cookies de Firefox

Configuración de cookies de Google Chrome

Configuración de cookies de Safari

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas no es titular ni patrocina los enlaces indicados anteriormente, por lo que no asume responsabilidad alguna sobre su contenido ni sobre su actualización.

El usuario puede revocar su consentimiento para el uso de cookies en su navegador a través de los siguientes enlaces:

Addthis: http://www.addthis.com/privacy/opt-out

Google Analytics: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=None

Google, Twitter, Facebook y Disqus: A través de los ajustes de cada navegador más arriba indicados para la desactivación o eliminación de cookies.