Junta directiva
En representación da asemblea, velaquí a nosa xunta directiva dende xuño de 2024.
-
Isabel Vara Sánchez
Docente e investigadora do Instituto de Socioloxía e Estudos Campesiños da Universidade de Córdoba. Gozo do privilexio de poder debater con moitas persoas inquedas sobre alimentación, agroecoloxía, autoxestión, feminismos, soberanía alimentaria e loitas labregas. -
Leticia Toledo
Labrega ecofeminista das campiñas sevillana e gaditana. Baseo o meu traballo nunha comunidade alimentaria sostida na relación cotiá e o coidado mutuo. Xerando soberanía alimentaria. -
Sergio S. Taboada
Aldeán en Poedo (Ourense). Agroecólogo. Alérxico á inxustiza, á desigualdade, ás picaduras de avéspora e ós abusos de poder. Amo iso que xa somos só por soñalo. -
Marta Rivera Ferre
Muller loitadora, comprometida coa sustentabilidade da vida desde a investigación-acción nos eidos da agroecoloxía e a soberanía alimentaria. Podédesme atopar en INGENIO, un centro do CSIC. -
Laia Batalla Carrera
Directora da Escola de Pastores e Pastoras de Catalunya. Bióloga de formación e especializada en agricultura ecolóxica e dinamización agroecolóxica. Traballo en proxectos de silvopastoreo e facilitación e acompañamento ó relevo agrario.
- 1
- 2
Comité editorial
Forman o comité editorial persoas a título individual con enfoques complementarios na diversidade: campesiñado, ecoloxismo, academia e activismo. Son quen asesora ó equipo.
-
Marta Soler Montiel
Comprometida co mundo labrego, a agroecoloxía e a soberanía alimentaria no cotián. Tamén na investigación e docencia na Escola de Enxeñaría Agronómica da Universidade de Sevilla e o Mestrado de Agroecoloxía da Universidade Internacional de Andalucía. -
Violeta Aguado
Filla de pastor e neta de labregas. Migrante retornada ó medio rural convencida de que o futuro pasa por construír soberanías nas nosas aldeas. Coordino proxectos para soster a vida e o territorio dende Terra de Campos. -
Cristóbal González
Vivo en Cuevas del Becerro (Málaga). Pertenzo ó Grupo Extiercol, espazo dende o que producimos alimentos e traballamos a agroecoloxía no noso territorio. Son mestre de primaria e estou vinculado a Pueblos en Movimiento. -
Irene García Roces
Vivo nunha vila de Asturies e son parte do colectivo Varagaña, que traballa temas relacionados coa agroecoloxía, a participación, os coñecementos labregos e os feminismos. -
Jeromo Aguado
Jerónimo Aguado Martínez, pastor con alma campesiña, resistindo e gozando en Terra de Campos.
- 1
- 2
- 3
Son tamén parte del comité editorial: Marta, Isa, Sergio, Leti, Laia e Aitor.
Alén diso, a este comité súmanse en cada número, de forma puntual, persoas con experiencia no tema central que se trata.
Equipo coordinador
Este é o equipo coordinador actual, que fai posible a publicación da revista, a xestión diaria, as relacións institucionais ou a obtención de financiamento: a cooperativa El Pa Sencer.
-
Patricia Dopazo Gallego
Exploro a agroecoloxía e as súas interseccións na cooperativa El Pa Sencer, dende o sur do País Valencià. Feminismos, afectos, memoria. Escribir arráigame. -
Carles Soler
Vivindo no Maresme. Tento defender a soberanía dos pobos dende a militancia e dende o traballo, onde teño a sorte de ser socio da cooperativa El Pa Sencer e formar parte de Menjadors Ecològics. -
Amal El Mohammadiane Tarbift
Rifeña de nacemento e andaluza de adopción. A miña traxectoria profesional xira ó redor do xornalismo e a comunicación social. -
Gustavo Duch
Dacabalo entre o secaño e o mar, canalizo a miña enerxía a través da cooperativa El Pa Sencer. Invento, narro, recito outras paisaxes. -
Tomàs de los Santos
Administrador de recursos e mago das papeladas en El Pa Sencer. Cantautor e militante da cultura transformadora. València e arrabaldes.
- 1
