Entrevista a Tareixa Ledo Regal, facilitadora de espazos grupais

Tareixa Ledo

Tareixa Ledo Regal naceu na Galiza no verán de 1961. Aos 5 anos marcha vivir á banlieu parisiense, onde se cría. Alí experimenta o desenraizamento que provoca a emigración, o que significa vivir na periferia, orfa de terra. De París herda espírito republicano e de esquerdas, do que non pode máis que dar grazas. Máis tarde, xa en Euskadi, licénciase en Ciencias Políticas e Socioloxía, e nesa terra aprende a importancia de formar parte dun pobo con cultura e lingua propias.

Os tempos na aldea, nos veráns da nenez, fan xurdir nela unha atracción vertebradora -case que fundante- polo mundo labrego; unha atracción que a leva, rematada a licenciatura, a asentarse en Romariz, unha aldea de Abadin (Lugo) onde vive 15 anos. A súa dedicación profesional céntrase daquela no traballo comunitario coa xente labrega, alimentando unha afinidade cun mundo e cunha cosmovisión ás que sempre se achegou con cordialidade; un amor que non fixo máis que acrecentarse na convivencia coa xente indíxena q´eqchi´ de Altaverapaz, en Guatemala, que a remitiron ao sentido fondo da existencia e a unha espiritualidade da vida e da terra, redimensionando de raíz o vivido na Galiza.

Desde o ano 2002, e ao longo duns 10 anos, traballa no Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas, unha organización coa que levaba colaborando décadas. Primeiro traballa como técnica no equipo da macrocomarca de Ordes (A Coruña) e máis adiante en tarefas de formación interna co obxectivo de favorecer unha maior implicación de afiliadas/os e traballadoras/es nos procesos de representación e toma de decisións dentro da organización. En todas estas experiencias laborais e vitais aniña, desde sempre, unha ansia orixinaria, unha ansia espiritual de colaborar na transformación social e na pacificación da dimensión interna das persoas. Con esa pretensión de fondo, decide formarse en Estudos de Xénero e en Terapia de Reencontro e, a partir do ano 2013, centrar a súa actividade profesional na facilitación de procesos grupais, persoais e de parella desde este enfoque terapéutico[1]. Acompañar o crecemento vital, espiritual, de homes e mulleres empeñadas nunha vida feliz desde o botrato está sendo un regalo.

Hoxe en día Tareixa tamén segue sendo unha muller en camiño, habitada polo desexo de emancipación persoal e colectiva, que aposta por construír botrato no seu vivir cotián; unha muller feminista que soña con eses outros mundos posibles e quere contribuír a que se vaian facendo realidade na sociedade, nas relacións e tamén na intimidade do fogar e da cama... Unha muller basicamente en paz e feliz, que está aprendendo a gozar e a compartir toda esa abundancia regalada.

Fálase tanto dos coidados… Como os definirías?

Os coidados son todo iso que realizamos para que a vida sexa posible: a nosa vida, a das persoas que temos ao redor, a dos animais e das plantas, a do planeta… Os coidados foron historicamente realizados por mulleres e por iso nunca tiveron valor social malia ser imprescindibles para a vida e para a reprodución da vida. Que alguén me dea de comer ou me asee, me dea agarimo… todo iso é o máis básico para criármonos, para facérmonos persoas. Hai escasamente uns decenios que empezamos a nomear e visibilizar esas numerosas tarefas do cotián, a comprender a súa función social para a nosa supervivencia como individuos e como especie, a súa función para a cohesión e a vertebración social, para a calidade e o benestar das nosas vidas. Aí hai un valor, que é toda esa nosa experiencia colectiva en relación a múltiples saberes de coidado e estamos empezando a recuperalo. E estamos empezando a articular tamén estratexias para  poñer eses saberes seculares no centro da vida económica, política, social, relacional, do cotián…

Paréceche que o sistema capitalista e o patriarcado deterioraron o significado e a práctica dos coidados…  

O capitalismo non entende de todo isto. O seu centro non é a vida, senón os cartos, a ganancia económica, aínda depredando recursos, oprimindo persoas, mancando animais, estragando o planeta. E o patriarcado tampouco sabe de coidados. É un modelo baseado na violencia que se instalou ao redor do 3.000 a.C.[2], e que sistematicamente dicotomiza e xerarquiza as diferenzas: ser humano/natureza, home/muller, branco/non branco, estudado/analfabeto, rico/pobre… Sempre un “máis” e un “menos”: constrúe relacións xerárquicas, relacións de poder. É un modelo de violencia contra as mulleres, contra as outras especies, contra a natureza. É un modelo de maltrato.

O maltrato parece endóxeno na nosa sociedade. Que papel ten o movemento feminista á hora de transformar isto?

O maltrato, efectivamente, é endóxeno a este modelo neoliberal-patriarcal. O movemento feminista é quen está resituando a importancia dos coidados, e polo tanto a centralidade da Vida, a aposta polo botrato[1]. De diferentes xeitos, apela á igualdade desde un máximo respecto polas diferenzas. Para os diferentes feminismos, as diferenzas enténdense como complementarias, creando unha  diversidade enriquecedora. E todo isto ten que ver con resituar os coidados como valor sociopolítico, ten que ver con ese dinamismo vital básico do coidado da Vida que significa, basicamente recursos, atención e persoal especializado para o conxunto da poboación e moi en especial para os sectores agora mesmo máis vulnerables e marxinalizados: persoas maiores, xente con diversidade funcional, persoas con enfermidades raras, mulleres que sofren violencia, poboación en paro, persoas sen fogar, colectivos de inmigrantes, nenas e nenos sen familia, animais maltratados no proceso de produción… Isto supón un cambio de perspectiva, de modelo social…

E para nós, que significa? Que significa para os homes e para nós, mulleres[4]? A maioría dos homes, aínda a día de hoxe, teñen pouca ou nula experiencia de coidar no cotián; foron socializados tan só no deixarse coidar, no recibir. Para os homes significa, polo tanto, aprender a coidar, aprender a dar desde o pracer. Este é un camiño que lles toca transitar a eles, aos nosos compañeiros homes. E nós, mulleres, estamos socializadas para coidar. É un mandato de xénero inculcado que nos obriga e que nos fai sentir culpables cando non o cumprimos. A nós tócanos deconstruír ese mandato e recuperar o coidado fóra da obriga, do deber. E tamén aprender a deixarnos coidar, a recibir. Todo isto cústanos, xéranos grandes culpabilidades. Tócanos aprendelo e permitirnos desfrutalo.

E cal é o papel do autocoidado neste proceso? Porque, ás veces, se equipara autocoidado con egoísmo…

O autocoidado equipárase a egoísmo na nosa cultura; unha cultura con raíces xudeo-cristiás mal entendidas, deformadas, que introduce sacrificio, pecado e culpa sempre que aparece a experiencia do pracer ou a posibilidade desa experiencia. Isto sucédenos sobre todo ás mulleres por esa función asignada desde o modelo patriarcal, de vivir para coidar. Porque os coidados son un valor, pero tamén son unha trampa para nós mulleres. Precisamente porque os vivimos como un mandato internalizado. Precisamos facer un traballo persoal para deconstruír os coidados como mandato para poder vivilos desde a consciencia, desde a liberdade persoal e o pracer. E tócanos tamén a aprendizaxe do  autocoidado, que temos tan prohibido e que nos culpabiliza, nos fai sentir egoístas. O autocoidado é colocarme no centro da miña vida: eu “a primeira”, eu protagonizándoa para vivir con outras/os nun dinamismo amoroso. E os homes tamén precisan facer a súa parte, facer o seu traballo persoal, porque o modelo patriarcal lévaos a vivirse con tanta violencia que nin se coñecen a si propios (emocións…), nin se coidan (saúde física…), nin se protexen (deportes de risco…). Viven castrados e morren antes. É moi triste todo isto.[5] Mulleres e homes precisamos atopar un equilibrio entre coidar e deixarnos coidar, entre dar e recibir. Este é un grande reto na relación cun/ha propia/o e nas relacións entre nós. Porque só se nos colocamos nos coidados na dimensión interna, poderemos ilos introducindo nas nosas relacións, e tamén na  dimensión organizativa e na dimensión socio-política das nosas vida.

Para transformar a sociedade é imprescindible entón traballar a transformación persoal?

Sen ningunha dúbida, para transformar a sociedade é imprescindible a transformación persoal. Isto é algo que temos pendente e estamos a traballar niso cada vez máis persoas. Para unha práctica verdadeiramente transformadora na dimensión social, precisamos traballarnos no persoal con moito empeño, e que iso nos axude a sandar no adentro toda esa violencia transmitida na familia, no colexio, nos medios de comunicación, nos videoxogos… De non ser así, vivimos na pelexa no adentro e colocámonos en  relacións de poder -ben no dominio, ben na submisión- e reproducimos no afora iso que vivimos no adentro. Isto é algo que nos sucede. Por iso escoitamos discursos aparentemente transformadores acompañados de prácticas pouco bentratantes no público e/ou no privado. Vivimos unha escisión! Así que non queda outra: escoitarnos e sandar no adentro,  negociar no adentro, estar en paz con nós mesmas/os para poder levar esas prácticas ás nosas relacións, ás nosas organizacións, ao ámbito sociopolítico.

Adoitase dicir que o medio rural, onde vivimos en pequenas comunidades, é un espazo cheo de conflitos, pero o conflito é algo natural nas relacións, non ten por que significar maltrato… Podes afondar na distinción entre ambas cousas?

Unha cousa é o conflito e outra o maltrato. O conflito forma parte das relacións. Somos seres diferentes cunha historia persoal diferente, con gustos, expectativas, desexos, medos… diferentes e, polo tanto, cando entramos en relación non sempre xorde o entendemento, a fusión, o encontro. Non sempre miramos para o mesmo lugar. Pensar así as relacións é un mito, e é parte do mito do amor romántico. Parecería que, porque nos queremos, temos que compartilo todo: soños, amizades, tempos… E a realidade non é así. Iso é a fantasía dese modelo de fusión utópica transmitido polos contos que nos len de pequenas/os, as cancións de moda, as series, as películas… E cando aparece o conflito, non sabemos que facer… E que facer? Primeiro de todo, saber como me sinto e que é o que eu quero, que é o que eu necesito… Iso quere dicir escoitarme no adentro, escoitar o meu corpo; iso é autocoñecemento. E, a partir de aí, validalo e expresalo, e escoitar tamén o que quere e necesita a outra persoa. E ver que podemos facer para que ti esteas ben e para que eu tamén estea ben. Iso ten que ver con aprender a negociar… e isto vale tanto para as relacións de a dúas persoas (parella, amizades…) como tamén para resolver conflitos sociais. Temos un exemplo claro co que está sucedendo en Catalunya. Todo pasa por aprender a sentar, a escoitarnos, a negociar. Isto é unha práctica necesaria para construír relacións saudables e tamén á hora de buscar solucións aos conflitos -esperables- que se presentan no ámbito comunitario e social. O certo é que non está sendo doado porque, polo de agora, nas mesas de diálogo -e xa é un logro cando chegan a constituírse- están sentados fundamentalmente homes con dinamismos masculinos patriarcais; homes que traducen sistematicamente as diferenzas a xerarquías e relacións de poder. Precisamos introducir valores e formas de relación desde o botrato, dinámicas de mediación desde a igualdade e cun respecto profundo e agradecido ás diferenzas. Xeitos que teñan como centro a Vida con maiúscula e o coidado da Vida. E o mesmo diría en canto á dimensión organizativa: precisamos “organizacións do botrato” para transformar a realidade.

Organizacións do Botrato?

Si, organizacións baseadas no botrato e xeradoras de botrato… Porque non é posible transformar este modelo social con organizacións que xeran relacións e dinamismos de maltrato. E estou pensando en calquera tipo de organización… Calquera grupo humano con permanencia crea estrutura organizativa. Se a organización xera relacións e dinamismos de maltrato, o que fai é reproducir o modelo de violencia, o modelo de poder instalado, onde a xerarquía e o dominio/submisión son as categorías básicas de relación.

Como é o proceso de poñer os coidados no foco político das organizacións? Ti coñeces de preto algunhas organizacións, entre elas o Sindicato Labrego Galego (SLG)...

O proceso de poñer os coidados no foco das organizacións é, para min, unha preocupación de anos, porque iso non é doado xa que a dimensión organizativa é a máis invisible de todas. Criámonos e vivimos en organizacións diversas ao longo da nosa vida, cada unha delas conforma unha rede de relacións estables, normativizadas, que nos constitúen, nos demandan, nos permiten e prohiben… e todo iso pasa desapercibido. Sentimos os seus efectos no noso corpo: algo nos fai sentir incómodas/os na reunión, sentimos que somos uns/has ninguén na empresa na que traballamos, desaténdense as nosas propostas no colectivo no que participamos, notamos tensión e cansazo, estamos con dores de cabeza, sentímonos pouco valoradas/os, con poucas ganas de estar, nace a desesperanza… A dimensión organizativa tamén articula o estilo de relacións de ti a ti: unhas persoas deciden e outras han de acatar… A dimensión organizativa tende a reproducir o modelo sociocultural imperante.

Tendo en conta todo isto, non cabe dúbida da importancia de identificar e mudar os mecanismos que xeran maltrato nas organizacións, sobre todo nas que teñen vocación e intención de transformar o modelo neoliberal patriarcal e que, sen pretendelo, están a reproducilo. Pensemos en empresas cooperativas, sindicatos de clase (agrarios ou obreiros), partidos políticos de esquerdas, ONG ecoloxistas, colectivos feministas, grupos animalistas… ou calquera outro tipo de organizacións nas que estamos a participar moitas/os de nós. As súas accións escasamente transforman porque traballan desde a crenza de que “máis e máis é mellor”: “máis” traballo, “máis” accións, “máis” tempo, “máis” recursos… Tan só reproducen o espírito produtivista propio do capitalismo neoliberal, ese dinamismo destrutivo da Vida. 

Algunhas prácticas de maltrato? Pois, por exemplo, ese costume tan común a día de hoxe, de levar o móbil de traballo para a casa, que fai que a organización invada o noso espazo persoal. Ou os modelos de liderado “en masculino”: ese home forte, con poder, competitivo, omnipresente, que acumula competencias, hiperresponsable, con dispoñibilidade completa as 24 horas, que decide unilateralmente… Ese é un modelo de liderado patriarcal ao que algunhas mulleres se teñen sumado para poder cumprir con éxito en funcións directivas. É un modelo claramente xerárquico que xera relacións de poder e, polo tanto, maltrato. Temos moito que reinventar! As mulleres estamos tendo neste sentido un papel transformador fundamental: lideramos de xeito diferente… Marcela Lagarde teorizou hai anos sobre todo isto ao falar dos “liderados entrañables”.[6] E na Galiza, por exemplo, Lidia Senra foi Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego nada menos que ao longo de 18 anos desde este outro modelo de liderado totalmente diferente ao tradicional masculino. E contribuíu a transformar a organización, e mesmo xerou dinamismos sociais diferentes cunha influencia importante no movemento feminista do noso país. E hai moitas outras mulleres…

Interésanos ver como construír organizacións que xeren botrato para nós mulleres, para as demais persoas e para o planeta... En suma, como construír “organizacións do botrato”, por exemplo se estamos organizando a comunidade de montes comunais da aldea, ou unha asociación no barrio, ou o colectivo de mulleres feministas da comarca. Existen algunhas iniciativas innovadoras con xeitos distintos de facer, que centran a súa intención no coidado dos procesos e das persoas, atentas ao “como facer” o que facemos, porque os lugares de chegada teñen moito que ver cos xeitos de facer camiño… É un modelo que estamos construíndo, que está emerxendo silenciosamente pero con firmeza. Algunhas prácticas de botrato nas organizacións? Claridade en canto a “como, onde e quen decide”, mecanismos de redistribución do poder e das funcións, respecto aos espazos persoais fóra da organización (parella, crianzas, lecer…)… Todo isto ten que ver cos ritmos de traballo: o que transforma non é o “que facemos” nin a “cantidade do que facemos”, senón o “como facemos o que facemos”…

E como se relaciona todo isto con como tratamos á natureza?

É que todo está unido, todo está en relación. As categorías usámolas para expresármonos, pero a realidade é un todo interconectado. Isto téñeno expresado de diferentes maneiras as diversas tradicións espirituais ao longo da historia da humanidade: as cosmoloxías nativas, as místicas e místicos de todas as tradicións espirituais, e agora tamén a ciencia máis actualizada o está a comprender. Calquera movemento, por moi imperceptible que pareza, está influíndo en todo o macrosistema planetario e mesmo universal. A miña menor ou maior apertura ou avance está a transformar a toda a humanidade. Mira se é importante calquera pequeno xesto de botrato, calquera coidado para min mesma, calquera palabra de comprensión e agradecemento, calquera respiración que me dea un espazo de silencio e atención plena. Calquera actitude interna e mesmo calquera pensamento teñen capacidade para transformar o mundo. Por iso todo canto facemos, vivimos, sentimos, ten dimensión e categoría políticas: de reproducir o sistema de dominio/submisión establecido, ou de transformalo cara a un modelo de Vida amorosa para todas e todos. Entender isto con profundidade dá a dimensión da nosa responsabilidade persoal, que é  total. Unha responsabilidade para vivila desde unha grande compaixón por nós mesmas/os e para calquera outra/o, para non pedirnos máis do que podemos -nin tampouco menos-, pero si sempre “todo” o que poidamos. Para sermos pacientes cos nosos procesos e respectar moito os nosos ritmos. Os ritmos persoais e tamén os colectivos.

Por último, fálase moito dos coidados comunitarios que tradicionalmente se exercían en ambientes rurais…

Necesitamos non mitificar os tempos pasados, e agora que estamos poñendo en valor as aldeas e os xeitos de vida comunitarios propios dos pobo nativos, non idealizalos tampouco. Si, recoñecer o que achegan de diferente. Si, valoralos como guías para construcións futuras. Pero non idealizalos. Orixinariamente, as claves da vida social, das relacións… eran diferentes ás do modelo capitalista patriarcal actual. Iso funo comprobando nos anos compartidos coa xente labrega nas aldeas da miña terra: homes capaces dun coidado exquisito cos animais, atentos aos ritmos cíclicos da lúa… e mulleres fortes traballando a terra, chamando polos animais para labrar, decidindo das propiedades e dos bens da casa… Unhas e outros fóra deses moldes dicotómicos patriarcais do feminino e do masculino. Tamén o puiden observar na convivencia coa xente indíxena q´eqchi´ de Altaverapaz, en Guatemala: homes pedíndolle permiso á terra para arala e sementar o millo… Eran outras coordenadas vitais. O patriarcado, o capitalismo salvaxe, introduciron modos de facer e de relación, modos de sentir dunha orde perversa completamente allea a eses xeitos orixinarios. Na Galiza pasamos en poucos anos de “ser da casa” (coa nosa xente, os nosos animais, a nosa terra…) a “ter unha explotación agraria”. Ese foi o cambio que trouxo a modernización, tan ben vendida desde a Unión Europea. Foi un cambio de paradigma vital: pasar das caricias amorosas ao meu xatiño ao que lle poño nome e por quen choro cando enferma, a estabular ducias de animais nunha explotación agraria mecanizada e levar a vaca ao matadoiro cando xa non dá leite abondo.

Necesitamos reconectar con ese espírito orixinario religado á Terra e á Vida, un espírito presente en todos os nosos pobos nativos e que o colectivo de mulleres fomos quen de cultivar e de vivir desde esa función social asignada de coidadoras da Vida. E da que, neste momento da historia, podemos recoñecer a súa valía e centralidade para a supervivencia no día a día, e transformala en categoría política urxente para a supervivencia da humanidade. As mulleres temos un papel de máxima relevancia neste momento histórico: estamos chamadas a ser as protagonistas deste cambio de modelo. Aos homes tócalles parar a mirarnos, aprender da nosa experiencia, descubrir o seu lado feminino, poñelo en valor e desenvolvelo no seu quefacer diario, tanto na intimidade do fogar como no ámbito máis público. O lema deste pasado 8 de marzo ten a máxima actualidade e recolle todo esta perspectiva da que estamos a falar aquí: “Sen coidados non hai vida. Mudando o sistema, derrubando o patriarcado”… Converter os coidados, o botrato, todo ese noso dinamismo amoroso a categoría política!



[1] Máis información: reencontrogaliza.wordpress.com

[2]  As culturas matriarcais duraron aproximadamente do 30.000 a.C. ata o 3.000 a.C. segundo as investigacións arqueolóxicas máis recentes, iniciadas pola especialista Marija Gimbutas a partir dos anos 1950/1960. Recomendamos neste mesma liña, o libro El cáliz y la espada, da antropóloga Riane Eisler.

[3] A doutora Fina Sanz Ramón, psicoterapeuta, pedagoga e sexóloga, é posiblemente quen máis contribuíu a analizar e desenvolver o concepto de Botrato. E fíxoo desde a Terapia do Reencontro, un enfoque metodolóxico humanista con perspectiva de xénero, creado por ela nos anos 70, e que se desenvolve aquí en varios aspectos. Recomendamos especialmente o seu libro: El buentrato. Como proyecto de vida.

[4] Para eses seres humanos socializados como homes, e para eses seres humanos socializados como mulleres

[5] Recomendamos, neste sentido, unha magnífica película documental estadounidense do ano 2017: The Mask You Live In, na que mozos e adultos falan con sinceridade e valentía das súas experiencias de “facerse homes”. Todo sazonado con análises clarificadoras de persoas expertas no tema.

[6] Lagarde y de los Ríos, Marcela (2005): Para mis socias de la vida. Claves feministas para el poderío y la autonomía de las mujeres. Claves feministas para los liderazgos entrañables. Claves feministas para las negociaciones en el amor.

  PARA SABER MÁIS

   Eisler, Riane (2005). El cáliz y la espada, México D. F.: Cuatro Vientos.

   Sanz, Fina (2016). El buentrato. Como proyecto de vida, Barcelona: Kairós.

   Lagarde y de los Ríos, Marcela (2005). Para mis socias de la vida. Claves feministas para el poderío y la autonomía de las mujeres, los liderazgos entrañables y las negociaciones en el amor, Madrid: Horas y Horas.

   Ledo Regal, Tareixa (2010). Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, Santiago de Compostela: Laiovento.

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia al navegar por la web.

Si continúas navegando, aceptas su uso. Saber más

Acepto
El sitio web de la revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas (www.soberaniaalimentaria.info) utiliza cookies para mejorar la experiencia de los usuarios, facilitando la navegación por nuestra web. Estamos haciendo todo lo posible por facilitar el uso de dichas cookies, así como su gestión y control al utilizar nuestros servicios.

¿Qué son las cookies?

Las cookies son pequeños archivos de texto que se almacenan en el dispositivo del usuario de Internet al visitar una página web. Es el operador del sitio web el que determina qué tipo de información contiene dicha cookie y cuál es su propósito, pudiendo además ser utilizada por el servidor web cada vez que visite dicha web. Se utilizan las cookies para ahorrar tiempo y hacer la experiencia de navegación web mucho más eficiente. No obstante, pueden ser usadas con varios propósitos diferentes que van desde recordar la información de inicio de sesión o lo que contiene un pedido de compra.

¿Cómo utiliza Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas las cookies?

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas tan solo utilizará las cookies que nos dejes utilizar. Tan solo leeremos o escribiremos cookies acerca de tus preferencias. Aquellas que hayan sido instaladas antes de modificar la configuración permanecerán en tu ordenador y podrás borrarlas haciendo uso de las opciones de configuración de tu navegador. Podrás encontrar más información al respecto más adelante.

1. Cookies propias

Se trata de cookies técnicas que recogen información sobre cómo utiliza el sitio web (por ejemplo, las páginas que visitas o si se produce algún error) y que también ayudan a Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas a la localización y solución de problemas del sitio web. Las cookies técnicas son imprescindibles y estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento de un portal web y la utilización de las diferentes opciones y servicios que ofrece. Por ejemplo, las que sirven para el mantenimiento de la sesión, la gestión del tiempo de respuesta, rendimiento o validación de opciones.

Toda la información recogida en las mismas es totalmente anónima y nos ayuda a entender cómo funciona nuestro sitio, realizando las mejoras oportunas para facilitar su navegación.

Dichas cookies permitirán:

  • Que navegues por el sitio.
  • Que www.soberaniaalimentaria.info recompile información sobre cómo utilizas la página web, para así entender la usabilidad del sitio, y ayudarnos a implementar las mejoras necesarias. Estas cookies no recogerán ninguna información sobre ti que pueda ser usada con fines publicitarios, o información acerca de tus preferencias (tales como sus datos de usuario) más allá de esa visita en particular.
Si tienes dudas o quieres hacernos alguna pregunta respecto de las cookies que utilizamos, puedes remitirnos tu consulta al correo electrónico info@soberaniaalimentaria.info

2. Cookies de terceros

Existe una serie de proveedores que establecen las cookies con el fin de proporcionar determinados servicios. Podrás utilizar las herramientas de estos para restringir el uso de estas cookies. La siguiente lista muestra las cookies que se establecen en la página web www.soberaniaalimentaria.info por parte de terceros, los fines para los que se utilizan y los enlaces a páginas web donde se puede encontrar más información sobre las cookies:

·       Cookies analíticas:

Las cookies de Google Analytics se utilizan con el fin de analizar y medir cómo los visitantes usan este sitio web. La información sirve para elaborar informes que permiten mejorar este sitio. Estas cookies recopilan información en forma anónima, incluyendo el número de visitantes al sitio, cómo han llegado al mismo y las páginas que visitó mientras navegaba en nuestro sitio web.

http://www.google.com/intl/es/policies/privacy        

·       Cookies técnicas:

AddThis es una empresa tecnológica que permite a los sitios web y a sus usuarios compartir fácilmente el contenido con los demás, a través de iconos de intercambio y de los destinos de bookmarking social. Las cookies AddThis se utilizan con el fin de habilitar el contenido para ser compartido. AddThis también se utiliza para recopilar información sobre cómo se comparte contenido del sitio web. Las cookies ayudan a identificar de forma única a un usuario (aunque no de forma personal, sino en cuanto a dirección) para no repetir tareas dentro de un periodo de tiempo especificado.

http://www.addthis.com/privacy

Disqus es un servicio gratuito que permite añadir comentarios a diferentes elementos de este sitio web. Disqus guarda en cookies tu identificación anterior en este sitio web o en otro para que no sea necesario iniciar sesión cada vez que utilices el mismo navegador.

https://help.disqus.com/customer/portal/articles/466259-privacy-policy

Cómo desactivar las cookies

Para cumplir con la legislación vigente, tenemos que pedir tu permiso para gestionar cookies. En el caso de seguir navegando por nuestro sitio web sin denegar su autorización implica que aceptas su uso.

Ten en cuenta que si rechazas o borras las cookies de navegación algunas características de las páginas no estarán operativas y cada vez que vayas a navegar por nuestra web tendremos que solicitarte de nuevo tu autorización para el uso de cookies.

Puedes modificar la configuración de tu acceso a la página web. Debes saber que es posible eliminar las cookies o impedir que se registre esta información en tu equipo en cualquier momento mediante la modificación de los parámetros de configuración de tu navegador:

Configuración de cookies de Internet Explorer

Configuración de cookies de Firefox

Configuración de cookies de Google Chrome

Configuración de cookies de Safari

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas no es titular ni patrocina los enlaces indicados anteriormente, por lo que no asume responsabilidad alguna sobre su contenido ni sobre su actualización.

El usuario puede revocar su consentimiento para el uso de cookies en su navegador a través de los siguientes enlaces:

Addthis: http://www.addthis.com/privacy/opt-out

Google Analytics: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=None

Google, Twitter, Facebook y Disqus: A través de los ajustes de cada navegador más arriba indicados para la desactivación o eliminación de cookies.

Consola de depuración de Joomla!

Sesión

Información del perfil

Uso de la memoria

Consultas de la base de datos