Conversa a tres voces sobre os retos do monte comunal en Galicia

Lara DOPAZO RUIBAL

Recogida Castañas Cooperativa Amarelante Foto Natalia Nogueira 01

Colleita de castañas na cooperativa Amarelante. Foto: Natalia Nogueira

Recogida Castañas Cooperativa Amarelante Foto Natalia Nogueira 02

Colleita de castañas na cooperativa Amarelante. Foto: Natalia Nogueira

 

Na entrada da cooperativa Amarelante hai un cartel que avisa “nin a terra nin as mulleres somos territorios de conquista”. Cóntao Sonia Couso, unha das dez cooperativistas que forman Amarelante, un proxecto que xira arredor da castaña en Manzaneda (Ourense). Querían que o cartaz estivese alí, na entrada canda o logo da cooperativa, como unha declaración de intencións.


O que esa frase resume é unha das bases das teorías ecofeministas que, especialmente a partir dos anos noventa, sacudiron o feminismo e o ecoloxismo. O ecofeminismo xurdiu como algo máis que a suma de ambos: configúrase como unha teoría ético-política que permite observar a realidade que nos rodea doutro xeito, poñendo o foco naquelas persoas e prácticas consideradas inferiores ou diferentes, e que por iso quedaron nas marxes.

UNHA HISTORIA DE DOMINACIÓN

Hai unhas cantas décadas, algunhas filósofas, herdeiras das súas antecesoras feministas comezaban a fundamentar a idea de que a dominación das mulleres e a natureza non só non eran alleas, senón que ademais tiñan unha raíz común: as mulleres foran o campo de proba para todas as demais dominacións, incluídas as da natureza e os animais. Para a filósofa Karen Warren, a lóxica que subxace nas sociedades occidentais foi identificar as mulleres coa natureza e no terreo do físico, mentres que os homes foron identificados co humano no terreo do mental. Nesta lóxica, o físico e natural foran tradicionalmente considerados inferiores e diferentes. Tanto para ela como para a pensadora australiana Val Plumwood, a diferenza na cultura occidental foi entendida como inferioridade. E así (con algúns matices) ata hoxe.

A ética ecofeminista xurdía, precisamente, diante da dificultade de resolver certos problemas éticos complexos e diante da ineficacia doutras teorías éticas en contribuír a dar respostas, en buscar perspectivas e prácticas que non estivesen baseadas nas lóxicas de dominación e que non fosen androcéntricas, isto é, que non tomasen o home como medida de todas as cousas.

Reverter a lóxica de dominación non é tarefa sinxela, cando foi o xeito occidental de relacionarnos entre nós e co entorno desde hai séculos. Cando Sonia Couso fala do traballo que Amarelante realiza cos castiñeiros, explica que falta profesionalización na explotación do monte, e engade «a min a palabra explotación non me gusta, porque soa a expolio, a cargarse todo e non devolver nada e non é así: nós herdamos uns castiñeiros centenarios que debemos deixar onde están, esa é a nosa responsabilidade».

Esta é a subversión da lóxica da dominación: deixar de lado a idea capitalista do extractivismo sen límites e tomar a responsabilidade de relacionarnos en igualdade e coidar para mañá.

Tradicionalmente, a relación co monte no caso galego era así, unha relación de reciprocidade: o monte proporcionaba sustento e as persoas que o habitaban coidábano. Rota esa relación de reciprocidade nun sistema no que o monte xa non é quen proporcionar sustento nin é base do sector agrogandeiro, a cuestión da reciprocidade debe ser tomada nunha perspectiva máis ampla: o monte é a base do equilibrio ecolóxico, da conservación da auga, do combate contra o lume e da prevención da erosión, ademais dos rendementos económicos que poida proporcionar.

Devolver ao centro valores como a reciprocidade, actualmente non moi de moda, tal como indica a pensadora Val Plumwood, suporía pensar en sistemas non rexidos pola competitividade, sustentados por relacións non instrumentalizadoras e que popoñen un uso equilibrado dos recursos naturais.

CANTO TEN ISTO QUE VER CO MONTE?

As éticas ecofeministas encárganse de lembrarnos que a realidade humana está incrustada en realidades ecolóxicas, cruzadas de conexións non só físicas senón tamén conceptuais. Nunha ollada superficial ao contorno, en Galicia o medio rural constitúe máis do 95% do territorio, segundo cifras da Xunta de Galicia, e o monte ocupa a porcentaxe maior da superficie. Só o monte en propiedade comunal é unha cuarta parte do territorio, arredor de 600 000 hectáreas, vinculadas a unhas 2 800 comunidades veciñais de montes en mancomún, cunha diversidade tan grande coma o territorio que xestionan.

Dora Cabaleiro é parte dunha comunidade de montes en Negueira de Muñiz (Lugo), e parte do proxecto Ribeiregas, unha das patas de Ribeiras do Navia. Trátase dunha cooperativa de traballo asociado para a que o monte comunal é unha parte fundamental da súa sostibilidde. A propiedade comunal é un ben ameazado, explica Dora: “hai moita presión debida ao abandono do rural: quedan moi poucas casas habitadas e o resto de casas pertencen a persoas que viven fóra e que presionan porque queren unha parte do monte”. E continúa, “as veciñas que quedan todo o ano a vivir soas e sostendo a custodia do territorio vense tan presionadas que, por non ter problemas coas súas veciñas, acaban cedendo á privatización de mutuo acordo”. Os montes comunais dos que ela forma parte están ameazados por esa privatización, pero non só. Os incendios, a difícil recuperación do solo queimado e o interese da administración pola reforestación só con piñeiro dificultan que o monte do que son comuneiras se asemelle ao monte que desexan ver.

«As nosas prioridades son que o monte estea vivo na medida das nosas posibilidades: que haxa abellas, que todas as reforestacións se fagan con frondosas, que o monte sexa algo vivo e non un terreo para plantar, talar, plantar, talar...», continúa. Un monte, en fin, que non sexa visto como fonte inesgotable de recursos ao servizo do home, senón un ecosistema ao que pertencemos e ao que nos debemos.

  Os montes mancomunados teñen, ademais, ese dobre rol: non se trata só dun ben tanxible a protexer senón que, como formas de organización social fundadas sobre a idea de ben común desafían a lóxica do capitalismo, caracterizados polo seu cooperar fronte ao usual competir, pola toma de decisións colectiva, polas redes de solidariedade comunitaria naquelas comunidades máis cohesionadas e fortes.  
 

Tereixa Otero, comuneira dos montes de Vincios (Gondomar), explica os retos aos que se enfronta o monte hoxe, comunal e privado: «o beneficio económico é unha trampa moi perigosa, por un lado os monocultivos provocan a desertificación do monte, perda da biodiversidade, problemas de saúde nos animais, falta de auga... A presión económica que sofren os recursos naturais galegos é antiga, agora o máis preocupante é que as industrias contan con supermáquinas e supertecnoloxía que fai en días o que antes tardaban anos».

Vincios e toda a comarca do Val Miñor foi unha das zonas máis devastadas polos incendios de outubro de 2017. O lume sumouse a todas as outras ameazas que pendían sobre o monte, como a minaría ou os proxectos eólicos. Ao falar de desafíos fronte a desastres de tal magnitude, Tereixa explica que a «conservación ten que prescindir dos conceptos da economía actual de útil e rendible, os nosos valores teñen que ser outros: salvar a biodiversidade, crear comunidades menos opulentas mais con recursos básicos para todas e todos, e ter presente que o modelo económico actual está a dar os seus últimos coletazos e busca despoxarnos dos últimos recursos propios: o monte comunal».

Todas estas son premisas ecofeministas e tratan de buscar, de xeitos diversos, alternativas políticas e sociais máis viables, máis sostibles, con todas as dificultades que afronta o rural hoxe, indagando nos aspectos máis invisibilizados pero esenciais de relación coa contorna e entre as persoas que se dan nas marxes.

DIVERSIDADE, DESCONEXIÓN E FUTUROS

Á pregunta de se existe unha maneira concreta de relacionarse co monte sendo muller, para Tereixa Otero a resposta é claramente afirmativa: «O xénero deunos un rol no mundo que nos fixo 'percibir' e 'facer' doutro xeito, de aí que as mulleres aínda non esteamos en pé de igualdade na contorna. Os ritmos das políticas non son compatibles cos coidados, non só os coidados persoais senón da casa, un concepto que vai dende a saúde e o benestar das persoas ata a saúde e o benestar dos animais e plantas que nos rodean». «Un modo de vida insán para as mulleres que teñen que coidar, pero imprescindible para o seu contorno», puntualiza.

Pola súa banda, Dora Cabaleiro explica que «se a min algo me ensinou a organización de Montes Veciñais en Mancomún é que o monte é diverso coma nós, como as persoas, e non só ten unha función empresarial, ten moitas outras funcións: culturais, medioambientais.... Semella que a convivencia non é posible pero... como non vai ser posible?». A xestión mancomunada dos montes ten moito de desafío ás lóxicas capitalistas, e moito de reconstruír relacións, potencial horizontalidade e de tecer comunidade e coidados.

Tereixa cre que a perspectiva que se abre ten algo de optimista: «A sociedade cambia moi amodo, historicamente sempre foi así, pero cando o desequilibrio é bestial, é dicir, cando os grupos máis abafados pola súa supervivencia son moitos e moi maioritarios, prodúcense cambios. Na actualidade creo que eses grupos xa estamos a construír outro mundo, xa que contamos con moi boas ideas e solucións, temos formas de traballar en grupo moi construtivas e interésanos por riba de todo o ben común de todos os seres vivos. Toda esa enerxía positiva é imparable».

Ademais da accción colectiva, tanto Tereixa coma Dora e Sonia coinciden en sinalar o papel fundamental da educación para pechar esa fenda que nos desconecta coa contorna natural que nos rodea, porque buscar un cambio na relación co monte, co territorio, supón afrontar a fenda entre o mundo urbano e o mundo rural, ou máis ben afrontar a realidade de que as cidades viven de costas ao rural.

«O principal é a educación», explica Sonia Couso. «Todos e todas vimos dunha aldea en Galicia, e os nenos e nenas saben que as vacas producen leite, pero non hai unha relación causa-consecuencia. É moi bonito ir pasear e facer roteiros polo monte, pero non se inculca esa relación e ese vínculo co medio rural. Como fomentar o seu valor positivo? Primero, créndoo nós. Deberiamos sentir máis orgullo polo que temos e polo que somos».

Dun xeito semellante, para Dora parte do cambio tamén pasa pola educación: «Pódense facer moitas cousas, pero a educación é clave; vinculala co lugar no que as crianzas se desenvolven; non pode haber programas educativos nos que non se sintan identificadas co lugar no que viven, iso é desapegalas».

Se a situación global é complexa, e unha análise fonda éo aínda máis, o que é certo é que existen numerosas boas prácticas que apuntan a camiños certeiros. E nelas, as mulleres e a súa maneira de vivir e relacionarse co territorio son fundamentais. Se non existen dúas comunidades iguais, o certo é que as respostas que se dean aos desafíos que afrontan só serán exitosas se son creadas por e para a comunidade. Ilústrao Dora: «Hai tolerías que che pasan pola cabeza e nunca pensas que poidan ser reais: nós abrimos unha escola, que debe de ser a única escola aberta no rural galego na última década, e temos trece nenos e nenas escolarizadas este ano. Trece!!!».

Desa escola con 13 estudantes de primaria en Negueira de Muñiz, a Vincios, na outra punta do mapa, onde Tereixa Otero di: «Este amor á terra e o seu coidado non é innato nos seres humanos, é cultural, aprendémolo». E é probable que nunha frase tan sinxela se garde toda a complexidade e toda a esperanza cara onde se deben encamiñar os nosos pasos.


Lara Dopazo Ruibal
Participante do Programa de Estudos en Mancomún: Ruralidades, Feminismos e Comúns e poeta en lingua galega

 

  PARA SABER MÁIS

   Cooperativa Ribeiregas (Negueira de Muñiz, Lugo)

   Cooperativa Amarelante (Manzaneda, Ourense)

   Montes en Mancomún de Vincios (Gondomar, Pontevedra)

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia al navegar por la web.

Si continúas navegando, aceptas su uso. Saber más

Acepto
El sitio web de la revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas (www.soberaniaalimentaria.info) utiliza cookies para mejorar la experiencia de los usuarios, facilitando la navegación por nuestra web. Estamos haciendo todo lo posible por facilitar el uso de dichas cookies, así como su gestión y control al utilizar nuestros servicios.

¿Qué son las cookies?

Las cookies son pequeños archivos de texto que se almacenan en el dispositivo del usuario de Internet al visitar una página web. Es el operador del sitio web el que determina qué tipo de información contiene dicha cookie y cuál es su propósito, pudiendo además ser utilizada por el servidor web cada vez que visite dicha web. Se utilizan las cookies para ahorrar tiempo y hacer la experiencia de navegación web mucho más eficiente. No obstante, pueden ser usadas con varios propósitos diferentes que van desde recordar la información de inicio de sesión o lo que contiene un pedido de compra.

¿Cómo utiliza Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas las cookies?

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas tan solo utilizará las cookies que nos dejes utilizar. Tan solo leeremos o escribiremos cookies acerca de tus preferencias. Aquellas que hayan sido instaladas antes de modificar la configuración permanecerán en tu ordenador y podrás borrarlas haciendo uso de las opciones de configuración de tu navegador. Podrás encontrar más información al respecto más adelante.

1. Cookies propias

Se trata de cookies técnicas que recogen información sobre cómo utiliza el sitio web (por ejemplo, las páginas que visitas o si se produce algún error) y que también ayudan a Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas a la localización y solución de problemas del sitio web. Las cookies técnicas son imprescindibles y estrictamente necesarias para el correcto funcionamiento de un portal web y la utilización de las diferentes opciones y servicios que ofrece. Por ejemplo, las que sirven para el mantenimiento de la sesión, la gestión del tiempo de respuesta, rendimiento o validación de opciones.

Toda la información recogida en las mismas es totalmente anónima y nos ayuda a entender cómo funciona nuestro sitio, realizando las mejoras oportunas para facilitar su navegación.

Dichas cookies permitirán:

  • Que navegues por el sitio.
  • Que www.soberaniaalimentaria.info recompile información sobre cómo utilizas la página web, para así entender la usabilidad del sitio, y ayudarnos a implementar las mejoras necesarias. Estas cookies no recogerán ninguna información sobre ti que pueda ser usada con fines publicitarios, o información acerca de tus preferencias (tales como sus datos de usuario) más allá de esa visita en particular.
Si tienes dudas o quieres hacernos alguna pregunta respecto de las cookies que utilizamos, puedes remitirnos tu consulta al correo electrónico info@soberaniaalimentaria.info

2. Cookies de terceros

Existe una serie de proveedores que establecen las cookies con el fin de proporcionar determinados servicios. Podrás utilizar las herramientas de estos para restringir el uso de estas cookies. La siguiente lista muestra las cookies que se establecen en la página web www.soberaniaalimentaria.info por parte de terceros, los fines para los que se utilizan y los enlaces a páginas web donde se puede encontrar más información sobre las cookies:

·       Cookies analíticas:

Las cookies de Google Analytics se utilizan con el fin de analizar y medir cómo los visitantes usan este sitio web. La información sirve para elaborar informes que permiten mejorar este sitio. Estas cookies recopilan información en forma anónima, incluyendo el número de visitantes al sitio, cómo han llegado al mismo y las páginas que visitó mientras navegaba en nuestro sitio web.

http://www.google.com/intl/es/policies/privacy        

·       Cookies técnicas:

AddThis es una empresa tecnológica que permite a los sitios web y a sus usuarios compartir fácilmente el contenido con los demás, a través de iconos de intercambio y de los destinos de bookmarking social. Las cookies AddThis se utilizan con el fin de habilitar el contenido para ser compartido. AddThis también se utiliza para recopilar información sobre cómo se comparte contenido del sitio web. Las cookies ayudan a identificar de forma única a un usuario (aunque no de forma personal, sino en cuanto a dirección) para no repetir tareas dentro de un periodo de tiempo especificado.

http://www.addthis.com/privacy

Disqus es un servicio gratuito que permite añadir comentarios a diferentes elementos de este sitio web. Disqus guarda en cookies tu identificación anterior en este sitio web o en otro para que no sea necesario iniciar sesión cada vez que utilices el mismo navegador.

https://help.disqus.com/customer/portal/articles/466259-privacy-policy

Cómo desactivar las cookies

Para cumplir con la legislación vigente, tenemos que pedir tu permiso para gestionar cookies. En el caso de seguir navegando por nuestro sitio web sin denegar su autorización implica que aceptas su uso.

Ten en cuenta que si rechazas o borras las cookies de navegación algunas características de las páginas no estarán operativas y cada vez que vayas a navegar por nuestra web tendremos que solicitarte de nuevo tu autorización para el uso de cookies.

Puedes modificar la configuración de tu acceso a la página web. Debes saber que es posible eliminar las cookies o impedir que se registre esta información en tu equipo en cualquier momento mediante la modificación de los parámetros de configuración de tu navegador:

Configuración de cookies de Internet Explorer

Configuración de cookies de Firefox

Configuración de cookies de Google Chrome

Configuración de cookies de Safari

Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas no es titular ni patrocina los enlaces indicados anteriormente, por lo que no asume responsabilidad alguna sobre su contenido ni sobre su actualización.

El usuario puede revocar su consentimiento para el uso de cookies en su navegador a través de los siguientes enlaces:

Addthis: http://www.addthis.com/privacy/opt-out

Google Analytics: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=None

Google, Twitter, Facebook y Disqus: A través de los ajustes de cada navegador más arriba indicados para la desactivación o eliminación de cookies.